A Xunta avalía con Provivienda medidas que permitan favorecer o acceso á vivenda a colectivos desfavorecidos | Observatorio de Vivenda

A Xunta avalía con Provivienda medidas que permitan favorecer o acceso á vivenda a colectivos desfavorecidos

A Xunta avalía con Provivienda medidas que permitan favorecer o acceso á vivenda a colectivos desfavorecidos

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a sede de Provivienda, acompañado da delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz. O obxectivo desta visita foi coñecer as propostas desta entidade para o fomento da inclusión a través do acceso á vivenda principalmente.  

Provivienda traballa desde 1989 para que todas as persoas poidan gozar do dereito á vivenda en igualdade de condicións. A Consellería de Política Social e Igualdade xa mantén liñas de colaboración con esta asociación para a posta en marcha de iniciativas que faciliten o acceso a unha vivenda digna das familias e persoas que atravesan unha situación complicada. Con este fin, a Administración autonómica achega máis de 650.000 euros neste ano a esta entidade a través das dúas convocatorias de axudas que mantén. 

Concretamente, a Xunta ten abertas varias vías de colaboración con Provivienda en iniciativas de inclusión sociolaboral e transición ao emprego; así como para o desenvolvemento do programa ‘Housing First’ e “Housing Led”, dirixido a persoas sen fogar, asesoramento xurídico a persoas inmigrantes ou programas de participación social, entre outros.

Fonte.- Xunta de Galicia