Arias participa nas comisións de seguimento das áreas Rexurbe de Mondoñedo e Ribadeo | Observatorio de Vivenda

Arias participa nas comisións de seguimento das áreas Rexurbe de Mondoñedo e Ribadeo

Arias participa nas comisións de seguimento das áreas Rexurbe de Mondoñedo e Ribadeo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe nas comisións de seguimento das áreas Rexurbe de Mondoñedo e Ribadeo xunto cos respectivos alcaldes, Manuel Ángel Otero e Daniel Vega  respectivamente, entre outros.

Mondoñedo foi o primeiro concello galego no que se declarou unha área Rexurbe hai tres anos, e xa deu froitos como a rehabilitación dun edificio convertido en casa de maiores. Ademais, a Xunta traballa na rehabilitación doutros cinco inmobles que adquiriu na zona e que permitirán habilitar sete vivendas tras un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros.

Ribadeo aprobou en xaneiro deste ano o Plan de dinamización do conxunto histórico no marco do Rexurbe, establecendo un programa plurianual de actuacións por parte de promotores públicos e privados que prevé un investimento de máis de 4,5 millóns de euros nun período de catro anualidades.

Fonte.- Xunta de Galicia