O Concello de Pontevedra pechará 2024 con 613 vivendas de nova construción | Observatorio de Vivenda

O Concello de Pontevedra pechará 2024 con 613 vivendas de nova construción

O Concello de Pontevedra pechará 2024 con 613 vivendas de nova construción

O concelleiro de Urbanismo de Pontevedra presentou balance sobre os proxectos en marcha ou que comezarán pronto en varias zonas da cidade. Estas intervencións urbanísticas inclúen actuacións no casco histórico, Rúa Filgueira Valverde, Rúa da Seca, A Parda, Xerardo Álvarez Limeses, Rúa da Oliva, Avenida de Uruguay e a área da antiga Tafisa. Estes proxectos evidencian a aposta do concello por revitalizar a cidade e mellorar as infraestruturas en diversas áreas clave.

Segundo os datos ofrecidos, algúns destes proxectos xa están en fase de execución, a piques de concluír e coas vivendas completamente vendidas. Outros iniciaranse proximamente, consolidando o interese por residir en Pontevedra, segundo o concelleiro. Destaca especialmente o desenvolvemento urbanístico na zona da antiga Tafisa, que xa está case completamente urbanizada con edificios rematados, outros en construción e novos proxectos a punto de solicitar licenza, reflectindo o auxe inmobiliario que vive a cidade este ano.

Ademais, na comisión de Urbanismo celebrada hoxe, abordouse a resolución dun conflito urbanístico entre o concello e a Xunta, solucionado polo Consello Consultivo de Galicia. Neste marco, subliñouse que o Camiño Portugués ten prioridade en canto á protección urbanística, o que implica que non se poderán modificar algúns muros nas zonas afectadas polo trazado do Camiño de Santiago, tal e como indicou o concelleiro Alberto Oubiña.

Fonte.- Cadena Ser