O prezo dos pisos en Galicia increméntase un 4,5% de media en 2024, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo dos pisos en Galicia increméntase un 4,5% de media en 2024, segundo datos de Idealista

O prezo dos pisos en Galicia increméntase un 4,5% de media en 2024, segundo datos de Idealista

O prezo da vivenda en Galicia segue subindo, agás na provincia de Ourense. Segundo o último informe publicado por Idealista, durante 2024 os prezos aumentaron un 4,5% de media en toda a comunidade, alcanzando os 1.437 euros por metro cadrado. A pesar desta subida, o prezo actual segue sendo un 19,1% inferior ao máximo histórico alcanzado en novembro de 2011. A excepción foi Ourense, onde os prezos caeron un 4,6% o ano pasado, mentres que nas provincias de A Coruña e Pontevedra as subas foron as maiores, cun incremento do 6,6%.

Entre as principais cidades galegas, o comportamento dos prezos foi tamén alcista, destacando A Coruña cunha subida do 14,7%, seguida de Vigo (8,6%), Lugo (8,4%), Pontevedra (5,6%), Santiago (5,5%) e Ourense (1,2%). O prezo por metro cadrado nas principais cidades tamén reflicte estas diferencias, sendo A Coruña a cidade máis cara, cun prezo de 2.680 euros/m², seguida de Vigo (2.278 euros/m²), Santiago (2.029 euros/m²) e Pontevedra (2.005 euros/m²). Pola súa banda, Lugo (1.364 euros/m²) e Ourense (1.495 euros/m²) manteñen os prezos máis baixos.

A nivel estatal, o prezo da vivenda tamén experimentou un incremento notable, cunha subida do 11,2% nos últimos 12 meses, situándose en 2.271 euros/m². Entre as grandes cidades, Barcelona destaca cunha subida do 12,8%, alcanzando os 4.700 euros por metro cadrado, mentres que Madrid experimentou un aumento do 20,2%, deixando o prezo en 4.952 euros. A excepción foi a cidade de Huesca, que viu unha lixeira diminución do 0,4% no prezo. San Sebastián é a capital española máis cara (5.681 euros/m2), seguida de Madrid (4.952 euros/m2), Barcelona (4.700 euros/m2), Palma (4.442 euros/m2) e Bilbao (3.491 euros/m2). Doutra banda, atopamos a Zamora, a capital máis económica, cun prezo de 1.168 euros/m2.

Fonte.- El Correo Gallego