Vigo é a quinta cidade española cun maior incremento do prezo da vivenda en 2024, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

Vigo é a quinta cidade española cun maior incremento do prezo da vivenda en 2024, segundo Idealista

Vigo é a quinta cidade española cun maior incremento do prezo da vivenda en 2024, segundo Idealista

O arrendamento incrementouse un 9,5% na cidade de Vigo, alcanzando os 10,3 euros por metro cadrado no núcleo urbano e 10,4 euros no centro, marcando un novo récord histórico, segundo datos do portal web inmobiliario Idealista. Pola súa parte, o prezo de compra tamén experimentou un gran incremento, cun 8,5% de subida ata os 1.949 euros por metro cadrado, máis do dobre da media española e case tres veces a media galega. Este repunte coloca a Vigo entre as cidades con maiores incrementos de España, só por detrás de Málaga, Valencia e Alicante.

No ámbito do alugueiro, todos os prezos en Galicia subiron, sendo A Coruña a provincia con maior incremento (12,9%). Lugo e Ourense mantivéronse como as máis baratas, con 6,7 e 7,1 euros por metro cadrado respectivamente. Vigo, con 10,3 euros por metro cadrado de media, segue a ser unha das cidades máis caras, xunto con A Coruña (10,6 euros). Santiago e Pontevedra tamén rexistraron subas, pero a un ritmo inferior. Os expertos predín que esta tendencia continuará, pois as políticas actuais e a escaseza de oferta teñen creado un mercado cada vez máis inaccesible para moitas familias, deixando as vivendas de alugueiro como un privilexio para persoas con mellores ingresos ou situacións laborais máis estables.

A pesar dos incrermentos no mercado galego, outras cidades españolas como Barcelona e Madrid superan con creces os prezos de alugueiro de Vigo. En Barcelona, o prezo por metro cadrado subiu un 13,9% no último ano, alcanzando os 23,4 euros, mentres que en Madrid o incremento foi do 15,3%, situando o prezo en 20,7 euros. Ambas as cidades superan con moito a media, sendo as máis caras para alugar unha vivenda en España, seguidas por San Sebastián, Palma e Málaga. A tendencia en Galicia non parece ter unha solución inmediata, e as perspectivas para o futuro inmediato non son optimistas.

Fonte.- Atlántico