A Xunta iniciará este ano as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, na Coruña, para habilitar 3 vivendas de promoción pública para alugueiro | Observatorio de Vivenda

A Xunta iniciará este ano as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, na Coruña, para habilitar 3 vivendas de promoción pública para alugueiro

A Xunta iniciará este ano as obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, na Coruña, para habilitar 3 vivendas de promoción pública para alugueiro

A Xunta está a avanzar na contratación das obras de rehabilitación dun inmoble na rúa San Andrés 88, para habilitar 3 vivendas de promoción pública destinada ao alugueiro, no casco histórico da Coruña, tras recibir dúas ofertas de empresas para executar esta actuación.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), licitou as obras por un investimento de máis de 1,3M€ e a previsión é inicialas este mesmo ano.

Esta intervención enmarcase no programa Rexurbe, a través do que a Xunta promove a rehabilitacións en centros históricos para logo cualificar as vivendas resultantes como públicas e ofrecelas en alugueiro accesible a persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

A través deste programa, a Xunta, ademais de facilitar o acceso á vivenda, axuda a recuperar e dinamizar os centros históricos, e tamén incentiva á iniciativa privada para a recuperación destes conxuntos.

Desde a posta en marcha do programa Rexurbe en Galicia son 94 os inmobles os adquiridos pola Administración autonómica, cos que se prevé crear 167 vivendas públicas, das que 33 xa están finalizadas e unha decena en obras.

O investimento da Xunta ata agora, entre adquisicións, proxectos, obras e licitacións, acada os 30M€, a meirande parte (28,6M€) de fondos da Xunta e o resto (1,39M€) procedentes de fondos europeos MRR, que axudarán a financiar 24 das 167 vivendas previstas.

Fonte.- Xunta de Galicia