O 70% dos solicitantes de vivenda protexida en Galicia supera os 36 anos | Observatorio de Vivenda

O 70% dos solicitantes de vivenda protexida en Galicia supera os 36 anos

O 70% dos solicitantes de vivenda protexida en Galicia supera os 36 anos

O acceso á vivenda protexida en Galicia xa non é só un problema da mocidade. Aínda que as axudas están orientadas a menores de 36 anos, a media de idade dos demandantes é de 44 anos, e sete de cada dez solicitantes superan os 36. Ademais, máis de 1.200 xubilados están inscritos en busca dun piso a prezo accesible.

Na actualidade, hai máis de 19.000 persoas rexistradas como demandantes de vivenda protexida en Galicia, e nos últimos catro meses sumáronse 1.600 máis. A pesar de que case o 80% dos solicitantes buscan un alugueiro protexido, só o 33% do parque público da Xunta está destinado a este fin, sendo Galicia unha das comunidades con menor oferta de arrendamento social.

Nos últimos catro anos, o parque público de vivendas medrou un 25%, pero o incremento foi maior nos pisos en venda que nos de alugueiro. A Xunta prevé engadir 4.000 vivendas máis nesta lexislatura, mentres que os concellos galegos, cunha escasa inversión en vivenda social, apenas superan os 500 pisos públicos.