A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, Vigo

A Xunta vén de recibir 5 ofertas de empresas para a redacción dos proxectos para a construción de 44 vivendas de promoción pública (VPP) en San Paio de Navia, en Vigo. Estes traballos saíron a licitación por un orzamento de máis de 411.000 euros.

En concreto, trátase dos proxectos para a construción de 2 edificios no polígono 2 de San Paio de Navia.

Proxéctanse 20 vivendas no inmoble que se habilitará na parcela MIIIB16 e outras 24 na MIIIB18, con superficies de 675 e 785 m2 respectivamente.

A Xunta xa ten en marcha 755 vivendas de promoción pública na ampliación de San Paio de Navia, das que 359 están no polígono 1 e as restantes 396 no polígono 2.

Fonte.- Xunta de Galicia