O prezo da vivenda en Alemaña increméntase un 1,9% interanual no cuarto trimestre de 2024 | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda en Alemaña increméntase un 1,9% interanual no cuarto trimestre de 2024

O prezo da vivenda en Alemaña increméntase un 1,9% interanual no cuarto trimestre de 2024

Os prezos das vivendas en Alemaña rexistraron unha suba no cuarto trimestre do ano, poñendo fin a unha tendencia á baixa que comezara en 2022. Segundo informou a oficina federal de estatística, os inmobles residenciais incrementáronse un 1,9% en comparación co mesmo período do ano anterior.

Porén, o panorama para o sector inmobiliario continúa a ser incerto. O recente encarecemento dos préstamos está a xerar dúbidas sobre a evolución futura do mercado, o que podería frear unha recuperación sostida.

Fonte.- MarketScreener