As licitacións para a construción de vivenda lanzadas polas Administracións Públicas alcanzaron en xaneiro case 175 millóns de euros | Observatorio de Vivenda

As licitacións para a construción de vivenda lanzadas polas Administracións Públicas alcanzaron en xaneiro case 175 millóns de euros

As licitacións para a construción de vivenda lanzadas polas Administracións Públicas alcanzaron en xaneiro case 175 millóns de euros

As administracións públicas españolas licitaron en xaneiro preto de 175 millóns de euros para a construción de vivenda, acadando a cifra máis alta neste mes dos últimos 16 anos. Este dato supón un incremento do 477% respecto ao mesmo mes de 2024, segundo a estatística oficial do Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana. Desde o Ministerio explican este repunte como froito do impulso do Goberno para aumentar o parque público de vivenda e achegalo aos estándares europeos.

Tamén fan fincapé na necesidade de que todas as comunidades autónomas garanticen que as vivendas financiadas con fondos públicos sexan sempre de titularidade pública, para asegurar o seu uso en beneficio do interese xeral. No conxunto da licitación en construción, que ascendeu a 1.714 millóns de euros, a edificación supuxo 874 millóns e a vivenda residencial 272 millóns, dos cales o 64% correspóndese con vivenda. Estes 175 millóns xa representan o 23% da licitación total prevista para 2024, o que anticipa un 2025 con cifras récord.

Fonte.- Idealista