A Coruña supera a barreira da 2.000 €/m2 de vivenda nova, segundo o último informe da Sociedade de Taxación | Observatorio de Vivenda

A Coruña supera a barreira da 2.000 €/m2 de vivenda nova, segundo o último informe da Sociedade de Taxación

A Coruña supera a barreira da 2.000 €/m2 de vivenda nova, segundo o último informe da Sociedade de Taxación

O prezo medio da vivenda nova en Galicia acadou en 2024 o seu valor máis alto rexistrado ata o momento, situándose nos 1.882 euros por metro cadrado, tras experimentar un incremento interanual do 3,6 % e un 2,3 % no último semestre. Segundo o informe da Sociedade de Taxación sobre a vivenda nova no norte peninsular, Santiago de Compostela lidera as subas porcentuais cun aumento do 5,4 % (1.880 €/m²), seguida da Coruña (2.156 €/m²) cun 4,3 % e O Barco de Valdeorras cun 4 % (1.028 €/m²). A Coruña mantense como o concello galego co prezo máis elevado, sendo o único que supera os 2.000 €/m², por diante de Santiago e Vigo (1.795 €/m²).

Sete municipios galegos marcaron máximos históricos en decembro de 2024: A Coruña, Santiago, Ourense (1.756 €/m²), Lugo (1.650 €/m²), Pontevedra (1.509 €/m²), Ferrol (1.403 €/m²) e Ames (1.250 €/m²). En canto ao Índice de Esforzo Inmobiliario, que calcula os anos de salario íntegro necesarios para mercar unha vivenda tipo, Galicia pechou o ano cunha media de 7,2 anos, dúas décimas menos que en 2023 e por debaixo da media estatal (7,5). Ademais, o Índice de Accesibilidade mellorou ata os 87 puntos, catro máis que no trimestre anterior e dez por riba do dato de hai un ano, o que indica unha maior capacidade da cidadanía galega para acceder á compra dunha vivenda.

Fonte.- El Correo Gallego