O prezo do alugueiro pecha o primeiro trimestre cun incremento interanual do 10,3%, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro pecha o primeiro trimestre cun incremento interanual do 10,3%, segundo datos de Idealista

O prezo do alugueiro pecha o primeiro trimestre cun incremento interanual do 10,3%, segundo datos de Idealista

Segundo o último informe de idealista sobre os prezos do primeiro trimestre de 2025, as rendas subiron un 10,3% durante o último ano, e en termos trimestrais, o aumento foi do 3,5%. Ao remate de marzo de 2025, o custo medio do alugueiro en España alcanza os 14 euros por metro cadrado. Todas as capitais incrementaron os prezos con respecto ao ano anterior, agás Lleida, onde se rexistrou unha diminución do 1%. As cidades con maior aumento no prezo do alugueiro foron Teruel, Castellón, Santa Cruz de Tenerife, Ávila e Lugo.

Nas grandes cidades, os aumentos máis elevados producíronse en Valencia, Barcelona, Madrid e Palma, mentres que as subidas foron máis moderadas en Málaga, Alicante, Bilbao, Sevilla e San Sebastián. Barcelona mantense como a cidade máis cara para alugar, cun prezo medio de 23,5 euros por metro cadrado, seguida de Madrid e San Sebastián. Pola súa parte, Zamora, Ourense, Cidade Real, Badaxoz e Xaén presentan os alugueiros máis baixos, con prezos que non superan os 8 euros por metro cadrado. Pola súa parte, as comunidades autónomas de Madrid, Baleares e Cataluña son as máis caras en termos de alugueiro, mentres que Estremadura, Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia figuran entre as máis económicas.

Fonte.- La Razón