O prezo do alugueiro en Vigo increméntase un 8,4%, alcanzando os 10,7 euros/m2, segundo o último informe de Idealista | Observatorio de Vivenda

O prezo do alugueiro en Vigo increméntase un 8,4%, alcanzando os 10,7 euros/m2, segundo o último informe de Idealista

O prezo do alugueiro en Vigo increméntase un 8,4%, alcanzando os 10,7 euros/m2, segundo o último informe de Idealista

O prezo do alugueiro en Galicia medrou un 6,6% no último ano, segundo o informe de idealista, chegando aos 9,1 euros por metro cadrado. Este incremento foi máis notable en Lugo, cunha suba do 14%, seguida da Coruña (9,9%) e Vigo (8,4%). Aínda que a alza foi menor en Vigo que noutras cidades, esta sitúase como a cidade máis cara para alugar, con 10,7 euros/m², superando lixeiramente á Coruña (10,6 euros/m²). Pola contra, Ourense (7,4 euros/m²) e Lugo (8 euros/m²) manteñen os prezos máis baixos. A pesar das subidas, os prezos actuais aínda están un 5,2% por baixo do máximo histórico rexistrado en maio de 2007.

Todas as provincias galegas rexistraron incrementos, destacando Lugo cun aumento do 10,3%. Pontevedra é a máis cara debido ao peso de Vigo, mentres que Ourense e Lugo seguen como as máis accesibles. Os expertos alertan dunha situación crítica no mercado do alugueiro, marcada pola escaseza de oferta e prezos récord. Francisco Iñareta, voceiro de idealista, advirte que o mercado está en risco de colapso sen medidas que apoien aos propietarios. A nivel estatal, a tendencia mantense: no primeiro trimestre de 2025, o prezo medio do alugueiro subiu un 10,3% interanual ata acadar os 14 euros/m², con máximos históricos en Madrid (21,2 euros/m²) e Barcelona (13,2% máis ca o ano anterior).

Fonte.- Atlántico