A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Ames | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Ames

A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde de Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta tarde unha reunión co alcalde de Ames, Blas García Piñeiro.

Nesta xuntanza, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de interese para este concello coruñés, de xeito especial en materia de vivenda e infraestruturas, así como de seguridade viaria.

M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre administracións co fin de impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar a competitividade do municipio.

Fonte.- Xunta de Galicia