"A Vivenda dunha Ollada", novo boletín estatístico sobre o mercado residencial en Galicia | Observatorio de Vivenda

"A Vivenda dunha Ollada", novo boletín estatístico sobre o mercado residencial en Galicia

"A Vivenda dunha Ollada", novo boletín estatístico sobre o mercado residencial en Galicia

O Observatorio da Vivenda de Galicia vén de presentar o seu novo boletín estatístico "A Vivenda dunha Ollada", unha publicación que nace co propósito de ofrecer unha visión clara, continua e actualizada da situación da vivenda en Galicia. 

Este novo informe recompila datos procedentes de distintas fontes oficiais, así como indicadores propios do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), permitindo afondar nos aspectos máis relevantes que definen o sector da construción e a vivenda no territorio galego. 

A Vivenda dunha Ollada organiza a información en distintos apartados temáticos, centrados na evolución dos principais indicadores do mercado residencial galego. Os datos presentaranse en táboas de doada lectura, co obxectivo de facilitar a súa comprensión tanto a profesionais como ao público xeral. 

O primeiro número do boletín recolle os principais indicadores actualizados ao cuarto trimestre de 2024, ofrecendo así unha panorámica global da vivenda en Galicia ao longo de todo o ano. Esta publicación terá unha periodicidade trimestral, converténdose nunha ferramente clave para o seguimento e análise da realidade do sector. 

O boletín estatístico estará dispoñible tanto na sección de estatísticas como na sección de actualidade

O documento tamén está dispoñible para descargar a través desta ligazón