A vivenda repite como principal problema en España segundo o barómetro de abril do CIS | Observatorio de Vivenda

A vivenda repite como principal problema en España segundo o barómetro de abril do CIS

A vivenda repite como principal problema en España segundo o barómetro de abril do CIS

A vivenda continúa sendo o principal problema para os españois, segundo o último barómetro do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS), subindo ao 28,8%, case medio punto máis que en marzo. Mentres esta preocupación aumenta, outros problemas, como a crise económica e o desemprego, teñen menos mencións, situándose no 20,1% e 18,5% respectivamente. A inmigración, a inestabilidade política e a crise provocada pola guerra arancelaria con Estados Unidos tamén se manteñen entre as preocupacións principais da poboación.

Fonte.- Idealista