A Semana Santa dispara a compravenda de vivendas vacacionais en España nun 48% con respecto ao trimestre anterior | Observatorio de Vivenda

A Semana Santa dispara a compravenda de vivendas vacacionais en España nun 48% con respecto ao trimestre anterior

A Semana Santa dispara a compravenda de vivendas vacacionais en España nun 48% con respecto ao trimestre anterior

Promotoras como Taylor Wimpey España constatan un notable incremento nas vendas durante o segundo trimestre do ano, cun 48% máis de operacións respecto ao primeiro. Este comportamento, que se repite dende hai dous anos durante a chegada da Semana sANTA, amosa un cambio significativo: os compradores españois están a gañar peso nun sector tradicionalmente dominado por compradores estranxeiros. Segundo o director de vendas da promotora, Marc Pritchard, estes días festivos son claves para presentar promocións tanto a compradores nacionais como internacionais, moitos dos cales aproveitan as vacacións para coñecer novas zonas e tomar decisións que xa levaban tempo meditando.

O interese pola compra de segundas residencias medrou non só pola presenza de turistas internacionais —que aumentaron as reservas nun 52% durante a Semana Santa—, senón tamén polo auxe do turismo interno. Datos recentes indican que a maioría dos madrileños aproveitaron estes días para facer escapadas dentro do país, moitos aloxándose en segundas residencias ou en vivendas de familiares. Esta tendencia reforza o papel da Semana Santa como motor económico, tanto no sector turístico como no inmobiliario, ao mesmo tempo que redefine o perfil do comprador tipo no mercado de vivendas vacacionais, cunha presenza nacional cada vez máis destacada.

Fonte.- Idealista