O Goberno canadense aposta pola industrialización de vivendas investindo 25.000 millóns de dólares | Observatorio de Vivenda

O Goberno canadense aposta pola industrialización de vivendas investindo 25.000 millóns de dólares

O Goberno canadense aposta pola industrialización de vivendas investindo 25.000 millóns de dólares

O Partido Liberal liderado por Mark Carney conseguiu unha vitoria axustada nas eleccións celebradas en Canadá. Un dos piares do seu programa é abordar a crise da vivenda mediante a duplicación da construción de casas, apostando pola industrialización e o impulso das vivendas prefabricadas a través dun plan público cun investimento previsto de 25.000 millóns de dólares canadenses. O obxectivo é facilitar o acceso á vivenda nun contexto onde os prezos resultan inasumibles para boa parte da poboación.

Carney tamén propón apoiar esta industria para que poida acadar economías de escala, o que permitiría abaratar os custos das vivendas e, ao mesmo tempo, xerar novos postos de traballo en sectores afectados polos aranceis impostos por Estados Unidos. A pesar das dificultades actuais —como a demanda inestable, as limitacións normativas e a falta de financiamento— as vivendas prefabricadas preséntanse como unha solución viable para paliar a escaseza habitacional que sofre o país.

Fonte.- Idealista