O Goberno Balear prohibe novos alugueiros turísticos en edificios plurifamiliares | Observatorio de Vivenda

O Goberno Balear prohibe novos alugueiros turísticos en edificios plurifamiliares

O Goberno Balear prohibe novos alugueiros turísticos en edificios plurifamiliares

O novo decreto lei aprobado polo Goberno balear prohibe a creación de novas prazas turísticas en vivendas plurifamiliares en todos os municipios das Illas, unha medida destinada a frear a saturación e garantir a convivencia veciñal. Ademais, refórzase a loita contra a oferta ilegal, cun endurecemento das sancións que poden chegar ata os 500.000 euros. Tamén se obrigará ás plataformas a verificar o rexistro oficial das vivendas, facendo responsables tanto aos propietarios como aos comercializadores en caso de infraccións.

Outro punto relevante é o incentivo para reconverter vivendas turísticas en alugueiro residencial: os propietarios que o fagan poderán obter unha redución de ata o 80 % nas multas recibidas. Establécese tamén un procedemento extraordinario para transformar establecementos turísticos obsoletos en vivendas de prezo limitado ou residencias para traballadores do sector. Con todo, o Goberno insiste en que non se trata de reducir prazas turísticas, senón de conter o seu crecemento e promover un uso máis ordenado e sostible da vivenda no arquipélago.

Fonte.- ABC