Monte Alto sitúase como o segundo distrito máis caro para alugar unha vivenda na Coruña, segundo datos de Idealista | Observatorio de Vivenda

Monte Alto sitúase como o segundo distrito máis caro para alugar unha vivenda na Coruña, segundo datos de Idealista

Monte Alto sitúase como o segundo distrito máis caro para alugar unha vivenda na Coruña, segundo datos de Idealista

O prezo do alugueiro na Coruña segue escalando sen freo e alcanza máximos históricos. Segundo os datos de abril da plataforma Idealista, o metro cadrado sitúase de media en 10,9 euros, un 2,4 % máis que no mes anterior e un 10,7 % máis que hai un ano. A zona máis cara segue sendo a Cidade Vella, con 12,6 euros por metro cadrado, seguida de Monte Alto (11,8 euros) e o Ensanche-Juan Flórez (11,5 euros). Mesmo barrios tradicionalmente máis accesibles, como Agra do Orzán, rexistran subas notables, cun incremento do 22 % nun ano.

Ante esta situación, o Concello solicitou que A Coruña sexa declarada zona de mercado residencial tensionado, ao comprobar que cumpre os criterios establecidos pola Lei de Vivenda, como que o custo da vivenda supere o 30 % dos ingresos medios e que os prezos teñan subido por riba do IPC. A Xunta recoñece que a cidade cumpre os requisitos, pero pediu correccións na documentación.

Fonte.- El Ideal Gallego