O número de persoas sen fogar en España dispárase un 24,47% na última década, segundo datos do INE | Observatorio de Vivenda

O número de persoas sen fogar en España dispárase un 24,47% na última década, segundo datos do INE

O número de persoas sen fogar en España dispárase un 24,47% na última década, segundo datos do INE

En España, o acceso á vivenda presenta desafíos crecente que afectan a unha parte importante da cidadanía. A pesar do esforzo por ampliar a oferta, a subida dos prezos en compra e alugueiro dificulta que moitas persoas poidan dispoñer dun fogar propio. Este contexto pode favorecer o aumento de solucións residenciais precarias, como os asentamentos chabolistas, que nalgúns puntos do país están a rexurdir como alternativa para quen non atopa outra opción habitacional. Ademais, segundo os últimos datos dispoñibles do INE, en 2022 había 28.552 persoas sen fogar, o que supón un incremento do 24,47% respecto ao ano 2012, unha tendencia que evidencia o empeoramento da exclusión residencial.

Segundo os datos máis recentes, arredor de 7.200 persoas viven xa en chabolas ou caravanas, unha forma de infravivenda que evidencia o retroceso nas condicións de habitabilidade no país. Organismos sociais alertan de que este número podería aumentar se non se toman medidas urxentes, sobre todo tendo en conta que hai zonas, como Ibiza, onde esta realidade xa é común. O fenómeno do chabolismo moderno, motivado por factores económicos e sociais, ameaza con estenderse a outras rexións, situando de novo o chabolismo no centro do debate sobre o dereito á vivenda.

Fonte.- Idealista