As compravendas de vivendas increméntanse un 40,6% interanual e rexistran o seu mellor mes de marzo desde 2007 | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivendas increméntanse un 40,6% interanual e rexistran o seu mellor mes de marzo desde 2007

As compravendas de vivendas increméntanse un 40,6% interanual e rexistran o seu mellor mes de marzo desde 2007

No mes de marzo, o número de compravendas de vivendas en España acadou as 62.808 operacións, o que supón un incremento do 5,2% respecto a febreiro e do 40,6% en comparación co mesmo mes de 2024, segundo datos do INE. Este aumento consolida unha tendencia ascendente que xa dura nove meses consecutivos e marca o mellor rexistro para un mes de marzo dende o ano 2007. No primeiro trimestre de 2025, o repunte acumulado alcanza o 20,7% en relación ao mesmo período do ano anterior.

As vendas de obra nova medraron un 64,2% en marzo, con 14.562 unidades vendidas, mentres que as de vivenda usada aumentaron un 34,8%, cun total de 48.246 operacións. No conxunto do ano, as cifras tamén amosan subas destacables: un 36,9% máis nas vivendas novas e un 16,5% nas usadas. A maioría das vivendas vendidas eran libres (93,2%) fronte ás protexidas (6,8%), cun crecemento interanual do 41% e 35,8% respectivamente.

A tendencia positiva foi xeralizada en case todas as comunidades autónomas, agás Navarra, que rexistrou unha baixada do 7,9% nas compravendas. Pola contra, destacaron os incrementos en rexións como Castela e León (66,1%), País Vasco (65,1%) e Estremadura (62,7%). Galicia tamén se situou por riba da media nacional cun incremento do 41%. 

Fonte.- Idealitsta