A Xunta adxudica a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas

A Xunta adxudica a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas

A Xunta vén de adxudicar a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) que facilitarán solo en sete concellos galegos para ao redor de 15.110 vivendas, principalmente protexidas, en sete concellos.  Trátase dos contratos de redacción do Proxecto de Interese Autonómico (PIA), do proxecto de expropiación e o de parcelamento dos primeiros ámbitos de solo que prevé urbanizar a Xunta de Galicia nos concellos de Santiago, A Coruña, Arteixo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Na Coruña, a redacción do PIA de Monte Mero adxudicouse a Fernández Carballada y asociados SLP; mentres que para o ámbito de Santiago de Compostela, a empresa adxudicataria foi Monteoliva arquitectura SLP; para Arteixo, Monteoliva arquitectura SLP; Lugo, José María Alonso Carrasco; Ourense, UTE Galicia 360; Pontevedra, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA) e Vigo, Ordenación Territorial, Infraestructuras y Medio Ambiente (OTIMA).

Os adxudicatarios dos contratos deberán redactar os documentos urbanísticos para o desenvolvemento dos seguintes ámbitos de solo residencial:

ConcelloÁmbitoSuperficie aproximadaNúmero estimado de vivendas
SANTIAGOSUD1 “Mallou”34,6 ha.3.460
A CORUÑASUD4 “Monte Mero”43,1 ha.4.310
ARTEIXOA Baiuca - Penouqueira7,8 ha.160
LUGOS-5R Barrio Sº Corazón12 ha.1.200
OURENSESU1 Escorial-Vinteún16,4 ha.1.640
PONTEVEDRASB2-Fase II e SB520,4 ha.2.040
 
(Ambos zona de San Mauro)
VIGOSub 405 “Ofimático”20,3 ha.2.300
TOTAL 154,6 ha.15.110
 
1.546.000 m2

 

O desenvolvemento destes ámbitos enmárcase na primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta. As adxudicatarias terán agora un prazo de 15 meses para la redacción dos PIA.

Ademais destes sete ámbitos, a Administración autonómica ten en licitación neste momento a redacción dos PIA para a obtención doutras 20,1 hectáreas de solo nos concellos de Vigo e Vilagarcía de Arousa, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas. As empresas interesadas neste contrato, que conta cun prazo de execución de 15 meses,  poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de xuño.

Fonte.- Xunta de Galicia