O Concello de Vigo licita a construción de 27 vivendas de alugueiro social no ámbito de Esturáns | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo licita a construción de 27 vivendas de alugueiro social no ámbito de Esturáns

O Concello de Vigo licita a construción de 27 vivendas de alugueiro social no ámbito de Esturáns

O Concello de Vigo vén de anunciar a licitación dun contrato para construír e xestionar 27 vivendas protexidas en réxime de alugueiro a prezo taxado na zona de Esturáns. O alcalde Abel Caballero explicou que a próxima semana a Xerencia de Urbanismo aprobará o prego de condicións que regulará o proceso. A proposta inclúe a cesión durante 50 anos dun dereito de superficie a unha empresa ou cooperativa, que se encargará tanto da construción como da xestión do alugueiro. 

Este proxecto conta cun financiamento de 1,2 millóns de euros do Plan de Recuperación Next Generation da UE, dentro das axudas á vivenda social e eficiente. Caballero destacou a importancia da actuación para facilitar o acceso á vivenda e criticou a falta de promoción de vivenda social desde 2009. Pola súa banda, a presidenta do PP local, Luisa Sánchez, cuestionou a xestión do alcalde, advertindo de posibles atrasos na execución que poñerían en risco os fondos europeos. O Concello respondeu que existe a opción de prórroga para xustificar o uso dos fondos no caso de atrasos.

Fonte.- Atlántico