O PSOE rexistra no Congreso unha proposición de lei para subir o IVE de pisos turísticos e gravar máis a vivenda baleira | Observatorio de Vivenda

O PSOE rexistra no Congreso unha proposición de lei para subir o IVE de pisos turísticos e gravar máis a vivenda baleira

O PSOE rexistra no Congreso unha proposición de lei para subir o IVE de pisos turísticos e gravar máis a vivenda baleira

O Grupo Parlamentario Socialista presentou unha proposición de lei no Congreso co obxectivo de fomentar o alugueiro de vivendas a prezos asumibles. Entre as medidas destacadas atópanse o incremento do IVE ao 21% para os pisos turísticos, a penalización da vivenda baleira mediante o IRPF e a creación dun novo imposto estatal dirixido a persoas e empresas non residentes na UE que adquiran vivendas en España, coa intención de frear a especulación inmobiliaria. Ademais, facilitaranse deducións fiscais de ata o 100% no IRPF para propietarios que ofrezan alugueiros por baixo do prezo de referencia en zonas non tensionadas.

Tamén se propón modificar a fiscalidade das Socimi, elevando o seu imposto ao 25%, salvo que destinen a maior parte do seu parque a alugueiros accesibles. A normativa recolle ademais a transferencia de solo público á Nova Empresa Estatal de Vivenda, a prórroga das deducións por rehabilitación enerxética ata 2025, e a reforma da Lei de Contratos do Sector Público para potenciar a colaboración público-privada na construción de vivenda. A ministra Isabel Rodríguez destacou que o PSOE presenta en solitario esta proposta, esperando activala na primeira quincena de xuño, e instou aos concellos a colaborar activamente na mobilización de inmobles baleiros.

Fonte.- El Mundo