As hipotecas sobre vivendas aumentan un 44,5% interanual no mes de marzo, segundo a estatística do INE | Observatorio de Vivenda

As hipotecas sobre vivendas aumentan un 44,5% interanual no mes de marzo, segundo a estatística do INE

As hipotecas sobre vivendas aumentan un 44,5% interanual no mes de marzo, segundo a estatística do INE

No pasado mes de marzo, concedéronse en España un total de 42.831 hipotecas para a compra de vivenda, o que supón un incremento do 44,5% respecto ao mesmo mes do ano anterior. Trátase do terceiro mes de marzo con máis concesións hipotecarias dende 2011, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). O importe medio destas hipotecas situouse nos 156.698 euros, cun aumento do 14,3% en comparación co ano pasado. Ademais, o valor medio das hipotecas sobre o conxunto de fincas rexistradas tamén medrou, cun repunte do 7,3%.

En canto ás condicións destas hipotecas, o tipo de xuro medio foi do 2,97% cun prazo de devolución de 25 anos. O 66,8% das hipotecas formalizáronse a tipo fixo e o 33,2% a tipo variable, sendo os tipos iniciais do 3,05% e 2,82% respectivamente. En marzo tamén aumentaron un 7,7% as hipotecas que mudaron as súas condicións, aínda que as modificacións co mesmo banco baixaron un 12,7% e as transferencias entre entidades un 57,1%. Pola contra, as que implicaron un cambio de titular disparáronse un 1.326,9%. Galicia destacou como a comunidade con maior crecemento anual no número de hipotecas sobre vivenda, cun 99,1% máis que no mesmo mes do ano anterior.

Fonte.- La Vanguardia