O stock de vivenda en venda cae un 16% interanual durante o primeiro trimestre de 2025, segundo Idealista | Observatorio de Vivenda

O stock de vivenda en venda cae un 16% interanual durante o primeiro trimestre de 2025, segundo Idealista

O stock de vivenda en venda cae un 16% interanual durante o primeiro trimestre de 2025, segundo Idealista

Durante o primeiro trimestre de 2025, a dispoñibilidade de vivendas en venda reduciuse nun 16% respecto ao mesmo período de 2024, segundo un informe de idealista, plataforma inmobiliaria do sur de Europa. Esta diminución representa a caída interanual máis acusada desde que hai rexistros, no ano 2000. A tendencia á baixa afecta todas as capitais de provincia, destacando Oviedo cun descenso do 42%, seguida de preto por Burgos, A Coruña e Zaragoza, cunha diminución do 39%. Outras cidades como Logroño, Cuenca, Vitoria ou Sevilla tamén rexistraron baixadas de máis do 30%.

Nos grandes mercados urbanos tamén se notou esta contracción da oferta: Madrid perdeu un 29% das súas vivendas dispoñibles, mentres que en Bilbao a redución foi do 26% e en Valencia do 23%. Barcelona e Palma rexistraron caídas do 22%, e San Sebastián, un 17%. Pola contra, Málaga foi a cidade con menor variación, cun descenso moi leve do 2%. A nivel provincial, Zaragoza encabezou as perdas cun 32% menos de vivenda usada en venda, seguida de Vizcaya, Madrid e Asturias. As provincias onde menos se notou esta baixada foron Badajoz, Girona e Cáceres, cunhas reducións inferiores ao 7%.

Fonte.- Idealista