O Goberno Central crea a Comisión Interministerial do Perte da Industrialización da Vivenda | Observatorio de Vivenda

O Goberno Central crea a Comisión Interministerial do Perte da Industrialización da Vivenda

O Goberno Central crea a Comisión Interministerial do Perte da Industrialización da Vivenda

O Goberno vén de poñer en marcha a Comisión Interministerial do Perte de Industrialización da Vivenda, un órgano colexiado que integra representantes de todos os ministerios implicados nesta iniciativa. A finalidade deste ente é asegurar a coordinación e colaboración entre departamentos para facilitar a implementación do Perte, destinado a incrementar a oferta de vivenda e mellorar a calidade da construción. A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, subliñou a relevancia deste proxecto estratéxico para dar resposta ao problema habitacional en España, impulsando ao mesmo tempo a eficiencia e a innovación no sector da edificación.

O Consello de Ministros aprobou o pasado 6 de maio unha dotación pública de 1.300 millóns de euros para o Perte, que se desenvolverá ao longo de dez anos. Desta cantidade, 1.000 millóns estarán destinados a financiamento a través de liñas como o ICO verde ou o Plan Reinicia + FAIIP, mentres que os 300 millóns restantes servirán para reforzar financeiramente ás empresas vinculadas á industrialización da vivenda. O obxectivo é xerar un efecto multiplicador que mobilice capital privado e supere os obstáculos estruturais da construción industrializada, como a imposibilidade de utilizar o solo como garantía nos primeiros meses do proceso, algo habitual no sistema hipotecario tradicional.

Fonte.- Idealista