A conselleira María M. Allegue pon en valor empresas galegas como Prethor, que potencian a innovación nas obras a través de técnicas industrializadas | Observatorio de Vivenda

A conselleira María M. Allegue pon en valor empresas galegas como Prethor, que potencian a innovación nas obras a través de técnicas industrializadas

A conselleira María M. Allegue pon en valor empresas galegas como Prethor, que potencian a innovación nas obras a través de técnicas industrializadas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, pon en valor empresas galegas como Prethor, que potencian a innovación nas obras a través de técnicas industrializadas.

Allegue visitou hoxe as instalacións da empresa Prethor, no polígono industrial da Matela, en Outeiro de Rei, onde coñeceu in situ o traballo deste grupo.

Salientou que a Xunta está a apostar pola aplicación das técnicas industrializadas na execución das obras públicas. Ademais o Goberno galego está a prestar apoio e colaboración ás empresas para que aposten por este sistema, que permite paliar a falta de man de obra ou mellorar a trazabilidade.

Lembrou que en abril a Xunta firmou un convenio co Clúster de Construción para a elaboración dun Plan de acción para o impulso da construción industrializada, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

A Consellería de Vivenda vén mantendo unha liña de diálogo constante co sector da construción para fomentar o emprego destas técnicas industrializadas. Neste sentido, a conselleira avanzou que este mes se celebrará unha xornada de traballo co colectivo.

Fonte.- Xunta de Galicia