O prezo da vivenda aumenta un 11,2% en maio en Galicia, segundo datos do INE | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda aumenta un 11,2% en maio en Galicia, segundo datos do INE

O prezo da vivenda aumenta un 11,2% en maio en Galicia, segundo datos do INE

O prezo da vivenda libre en Galicia experimentou un notable incremento do 11,2% durante o primeiro trimestre deste ano en comparación co mesmo período de 2024, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Esta subida, aínda que relevante, sitúase un punto por debaixo da media estatal. Dentro do mercado galego, destaca o comportamento da vivenda de segunda man, que medrou un 11,6%, mentres que a nova tivo un aumento máis moderado do 8,3%.

A nivel estatal, os prezos da vivenda libre rexistraron unha suba interanual do 12,2%, o que representa o maior incremento desde comezos de 2007, cando acadara o 13,1%. Con este novo repunte, xa son 44 trimestres consecutivos nos que os prezos aumentan respecto ao mesmo período do ano anterior. O custo das vivendas novas subiu un 12,2%, mantendo cifras similares ao trimestre anterior, mentres que a vivenda usada acadou unha subida do 12,3%, o nivel máis alto en dezaoito anos, reforzando así a tendencia de encarecemento progresivo do mercado inmobiliario.

Fonte.- Galicia Confidencial