A Coruña sitúase por encima da media nacional no prezo do alugueiro, pero por baixo en ritmo de crecemento, segundo o índice de prezos de Idealista | Observatorio de Vivenda

A Coruña sitúase por encima da media nacional no prezo do alugueiro, pero por baixo en ritmo de crecemento, segundo o índice de prezos de Idealista

A Coruña sitúase por encima da media nacional no prezo do alugueiro, pero por baixo en ritmo de crecemento, segundo o índice de prezos de Idealista

En maio de 2025, o prezo medio da vivenda en A Coruña alcanzou os 2.733 euros por metro cadrado, segundo os últimos datos dispoñibles de idealista. Esta cifra representa unha suba do 0,9 % con respecto a abril, do 3,1 % en relación co trimestre anterior e dun notable 10,9 % en comparación co mesmo mes do ano pasado. Con estes datos, os prezos están xa moi preto do máximo histórico rexistrado en agosto de 2008, a só un 5,6 % por debaixo daquel pico. No conxunto do Estado, o custo medio situouse en 2.391 euros/m², cun crecemento anual do 12,8 %, polo que A Coruña se mantén por riba da media nacional en valor, aínda que cunha taxa de incremento lixeiramente inferior.

As zonas máis exclusivas da cidade, como a Cidade Vella-Centro (3.983 €/m²) e o Ensanche-Juan Flórez (3.640 €/m²), continúan á alza, con incrementos interanuais do 9,8 % e 15,6 % respectivamente. Tamén destacan Riazor-Los Rosales e Cuatro Camiños-A Cubela, con subas arredor do 10 %. Pola contra, barrios como Elviña-A Zapateira (1.662 €/m²) e Agra do Orzán-Ventorrillo (2.011 €/m²) presentan prezos moito máis baixos e incrementos máis modestos, chegando incluso a un descenso en Los Castros-Castrillón-Eirís (-3,8 %). A diferenza entre os distritos máis caros e máis accesibles supera os 2.300 euros por metro cadrado, evidenciando unha clara fenda no mercado inmobiliario urbano.

Fonte.- Idealista