O Consello de Ministros aproba o traspaso de chans e pisos da Sareb para mobilizar case 100.000 vivendas para o parque público | Observatorio de Vivenda

O Consello de Ministros aproba o traspaso de chans e pisos da Sareb para mobilizar case 100.000 vivendas para o parque público

O Consello de Ministros aproba o traspaso de chans e pisos da Sareb para mobilizar case 100.000 vivendas para o parque público

O Goberno español prevé incorporar unhas 13.000 vivendas ao parque público nun primeiro paquete, dirixido especialmente a familias en situación de vulnerabilidade. A ministra de Vivenda indicou que esta será a cifra principal coa que se traballará inicialmente, aínda que algunhas destas propiedades necesitarán obras de adaptación antes de seren entregadas. A operación, valorada en 5.900 millóns de euros, contará cunha achega adicional de case 600 millóns para rehabilitacións. 

Porén, a posta en marcha desta medida non está exenta de dificultades. Unha gran parte das 30.000 vivendas previstas xa están habitadas, moitas por familias con escasos recursos. De feito, segundo datos da Sareb, arredor do 60 % das 38.300 vivendas que actualmente xestiona están ocupadas, e unhas 8.000 están xa destinadas ao alugueiro social. Desde o Ministerio aseguran que se atoparán solucións caso por caso, tendo en conta que moitos contratos teñen condicións temporais que irán expirando co tempo.

Fonte.- La Voz de Galicia