Cidade de México é actualmente a cidade latinoamericana co prezo da vivenda máis alto, segundo un estudo de Deutsche Bank | Observatorio de Vivenda

Cidade de México é actualmente a cidade latinoamericana co prezo da vivenda máis alto, segundo un estudo de Deutsche Bank

Cidade de México é actualmente a cidade latinoamericana co prezo da vivenda máis alto, segundo un estudo de Deutsche Bank

O Instituto de Investigación do banco alemán Deutsche Bank elaborou un estudo sobre o custo da vida nas principais cidades do mundo durante o primeiro semestre do ano, centrado especialmente no prezo da vivenda. O informe analiza os valores por metro cadrado en 70 urbes consideradas das máis caras do planeta. Hong Kong lidera este ranking cun prezo medio de preto de 22.000 euros/m², seguida por Zúric e Singapur. Madrid e Barcelona tamén figuran na lista, ocupando os postos 34 e 45, con prezos de 6.600 e 5.300 euros/m², respectivamente. En América Latina destacan seis cidades, entre elas Cidade de México (case 3.000 euros/m²), Buenos Aires e Santiago de Chile, con valores algo inferiores. Completan a representación latinoamericana São Paulo, Río de Janeiro e Bogotá, todas cun custo por metro cadrado por debaixo dos 2.300 euros.

O informe tamén examina os prezos do alugueiro para vivendas de tres dormitorios situadas no centro das cidades. Ao igual que no mercado da compravenda, Cidade de México encabeza as cidades latinoamericanas máis caras para alugar, cun custo medio de 1.800 euros ao mes. Séguenlle São Paulo, Buenos Aires, Santiago, Río de Janeiro e Bogotá, todas elas cunhas rendas que oscilan entre os 1.000 e os 690 euros mensuais. Madrid e Barcelona volven aparecer entre as cidades máis caras tamén neste ámbito: a capital sitúase no posto 29 do ranking mundial cun alugueiro medio de 2.380 euros, mentres que a cidade condal ocupa o posto 32 cun prezo medio de 2.317 euros ao mes. 

Fonte.- Idealista