Galicia suma 55.000 edificios proxectados desde 2005 sen terminar, segundo cifras do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Observatorio de Vivenda

Galicia suma 55.000 edificios proxectados desde 2005 sen terminar, segundo cifras do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Galicia suma 55.000 edificios proxectados desde 2005 sen terminar, segundo cifras do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) cifra que entre 2005 e 2020, máis de 55.000 vivendas colectivas visadas por arquitectos colexiados non obtiveron nunca o certificado final de obra, o que significa que non se completaron. A maior parte deses proxectos, uns 33.400, datan do período 2005-2008, en plena caída do sector da construción, pero outras 22.000 tamén quedaron paralizadas entre 2009 e 2020.

En Galicia quedaron milleiros de proxectos urbanísticos sen rematar como consecuencia directa do estourido da burbulla inmobiliaria. Moitas destas actuacións quedaron paradas en diferentes fases: dende esqueletos de edificios que nunca se concluíron ata solares onde só se colocaron carteis anunciando vivendas que nunca se chegaron a construír. Ante esta situación, a Xunta de Galicia puxo en marcha, a finais de 2024, unha iniciativa para que o sector privado poida rematar estas vivendas, coa condición de que a metade delas se destinen a vivenda protexida.

Fonte.- La Opinión de A Coruña