As inmobiliarias da Comunidade Valenciana promoven unha oficina para resolver consultas sobre o mercado inmobiliario | Observatorio de Vivenda

As inmobiliarias da Comunidade Valenciana promoven unha oficina para resolver consultas sobre o mercado inmobiliario

As inmobiliarias da Comunidade Valenciana promoven unha oficina para resolver consultas sobre o mercado inmobiliario

Para facer fronte ás dificultades relacionadas co proceso de venda ou alugueiro dunha vivenda, a Asociación de Inmobiliarias da Comunitat Valenciana (ASICVAL) pon en marcha a Oficina de Consultas e Reclamacións Inmobiliarias (OCRI), unha canle dixital de acceso gratuíto onde calquera persoa pode presentar dúbidas ou queixas. A súa resolución correrá a cargo dun equipo xurídico externo especializado en dereito inmobiliario, neste caso o despacho Acción Legal.

Ademais deste servizo, ASICVAL tamén lanzou o Selo de Inmobles Certificados (SIC), un distintivo que garante que as vivendas de segunda man contan con toda a documentación e información esixida antes de seren ofertadas no mercado. O xerente da asociación, Antonio Priego, afirma que, a pesar de que a administración os observa con certa desconfianza, o seu labor busca precisamente mellorar a transparencia e seguridade nas operacións inmobiliarias. “Somos parte da solución”, asegura Priego, quen defende que estas iniciativas pretenden simplificar os trámites e xerar confianza tanto para compradores como para vendedores.

Fonte.- Idealista