A compravenda de vivenda crece un 25% en Vigo nos primeiros cinco meses do ano, segundo datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

A compravenda de vivenda crece un 25% en Vigo nos primeiros cinco meses do ano, segundo datos de Fotocasa

A compravenda de vivenda crece un 25% en Vigo nos primeiros cinco meses do ano, segundo datos de Fotocasa

Entre xaneiro e maio deste ano formalizáronse máis de 3.400 compravendas na área de Vigo, o que supón un incremento do 25,5% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo datos de Fotocasa. Este dinamismo tamén se reflicte no resto de Galicia, onde se rexistraron máis de 11.000 compravendas, un 23% máis ca o ano pasado.

A provincia da Coruña experimentou un aumento do 27%, mentres que Ourense destacou cun crecemento do 34%. Só Lugo presenta unha lixeira caída, do 1,3%. En Pontevedra, contando tamén as herdanzas, tramitáronse unhas 6.300 transmisións de vivenda, das cales 1.263 foron herdadas. A nivel estatal, vendéronse unhas 298.000 vivendas ata maio, cunha suba do 20%.

En canto á rendibilidade, Galicia rexistrou un retorno do 6,3% no segundo trimestre de 2025, case igual ao do ano anterior pero superior ao de hai cinco anos.

Fonte.- Atlántico