A oferta de vivendas no mercado do alugueiro en Reino Unido continúa caendo, segundo a última enquisa de Royal Institution of Chartered Surveyors | Observatorio de Vivenda

A oferta de vivendas no mercado do alugueiro en Reino Unido continúa caendo, segundo a última enquisa de Royal Institution of Chartered Surveyors

A oferta de vivendas no mercado do alugueiro en Reino Unido continúa caendo, segundo a última enquisa de Royal Institution of Chartered Surveyors

No Reino Unido, moitos propietarios están deixando de ofrecer as súas vivendas en alugueiro, segundo revela unha enquisa recente do Royal Institution of Chartered Surveyors (RICS). Os datos correspondentes a xuño amosan unha caída do 21% na dispoñibilidade de vivendas para alugar, encadeando xa once meses consecutivos de descensos. Esta tendencia está relacionada coa incerteza derivada das futuras modificacións lexislativas na normativa de arrendamentos, o que está provocando un desprazamento de inmobles do mercado do alugueiro cara ao da compravenda. Como consecuencia desta redución na oferta, prevese un incremento nos prezos dos alugueiros nos vindeiros meses, segundo advirten os expertos.

Ademais, o Banco de Inglaterra sinala que só un 8% das hipotecas concedidas se destinaron á compra de vivendas para alugueiro, unha porcentaxe que representa unha das cifras máis baixas dos últimos anos. Tradicionalmente, este tipo de hipotecas supuña arredor do 13,3% do total ata o ano 2022. Desde RICS tamén indican que aínda que o 25% dos participantes na súa enquisa anticipan subas nos prezos dos alugueiros nos próximos tres meses, esta previsión é inferior á do mes anterior, que alcanzaba o 43%. 

Fonte.- Idealista