A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para construír 30 vivendas públicas na rúa Pedro Fernández da Coruña | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para construír 30 vivendas públicas na rúa Pedro Fernández da Coruña

A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para construír 30 vivendas públicas na rúa Pedro Fernández da Coruña

A Xunta vén de recibir 3 ofertas para a redacción do proxecto para a construción de 30 vivendas públicas en dúas parcelas da rúa Pedro Fernández, cedidas polo Concello da Coruña, por un importe de máis de 310.000€.

O Goberno galego ten tamén en proceso de licitación a redacción dos proxectos para 58 vivendas de promoción pública previstas na parcela dos Rosais e para 11 noutra parcela en Rei Abdullah, preto da praza Porticada, en terreos tamén cedidos polo Concello. O investimento autonómico estimado para as 98 vivendas estimadas nos solos dos Rosais, praza Porticada e Pedro Fernández, ascende a preto de 19M€.

Estes fogares súmanse ás 104 vivendas que xa están en marcha no barrio de Xuxán, nas que o Goberno galego leva investido 23,4M€.

A Xunta segue traballando para acadar o reto de duplicar o parque público de vivenda nesta lexislatura. O obxectivo é ter en 2028, 4.000 máis, e xa hai 2.800 en diferentes fases de execución.

Ademais, o Goberno galego está a avanzar na colaboración cos municipios para facilitar solo e habilitar novas promocións, e deste xeito xa está acordada a cesión de parcelas cos concellos de Pontevedra, Lugo, Vilagarcía de Arousa, Teo, Lalín e A Estrada. Ademais, progresan as xestións con concellos como Sanxenxo, Carballo, Narón, San Cibrao das Viñas ou Bueu.

Fonte.- Xunta de Galicia