A Xunta recibe tres ofertas para a redacción do proxecto de execución de 63 vivendas públicas en Paradai, no concello de Lugo | Observatorio de Vivenda

A Xunta recibe tres ofertas para a redacción do proxecto de execución de 63 vivendas públicas en Paradai, no concello de Lugo

A Xunta recibe tres ofertas para a redacción do proxecto de execución de 63 vivendas públicas en Paradai, no concello de Lugo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal), recibiu tres ofertas para a redacción do proxectos básico e de execución e dirección de obra para a construción de 63 vivendas de promoción pública en solo permutado co Concello de Lugo, na zona de Paradai.

Trátase de construír 63 vivendas protexidas, garaxes e rochos nas catro parcelas cedidas polo Concello no polígono 4 de Paradai, que se corresponden coas parcelas 2, 3A, 3B e 3C situadas na rúa Paradai de Arriba. E que teñen unha superficie total de 953 m2. O investimento total da Xunta nesta promoción suporá un investimento que se estima rolda os 12M€

Este contrato, licitado por importe de 401.983 euros, conta cun prazo de cinco meses para a elaboración dos proxectos, unha vez adxudicado o mesmo. 

O Goberno galego, mantén o ritmo de traballo no obxectivo  de acadar o reto de chegar ás 4.000 novas vivendas protexidas nesta lexislatura e acadar así 8.000 vivendas, tendo xa en marcha neste momento, máis de 2.800 vivendas en distintas fases de execución.

Fonte.- Xunta de Galicia