O prezo da vivenda de segunda man en Galicia aumenta un 11,2% con respecto ao ano pasado, segundo datos de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O prezo da vivenda de segunda man en Galicia aumenta un 11,2% con respecto ao ano pasado, segundo datos de Fotocasa

O prezo da vivenda de segunda man en Galicia aumenta un 11,2% con respecto ao ano pasado, segundo datos de Fotocasa

O mercado da vivenda usada en Galicia continúa en clara tendencia ascendente, cun encarecemento medio de 16.427 euros nun ano para unha vivenda tipo de 80 m², segundo o último informe de Fotocasa correspondente a xullo de 2025. O prezo medio situouse nos 2.033 €/m², fronte aos 1.828 €/m² do mesmo mes do ano anterior, o que supón un incremento interanual do 11,2 %. Galicia consolídase así como unha das comunidades onde máis se encarece a vivenda, nun contexto nacional marcado pola escaseza de oferta, o aumento do interese polo alugueiro e a presión turística en determinadas zonas costeiras.

Este incremento é xeneralizado en todo o territorio galego. As catro provincias rexistraron subas interanuais, destacando A Coruña (+15,4 %) e Lugo (+15,2 %). Pontevedra é a provincia con prezos máis altos (2.499 €/m²), mentres que Verín é o concello máis accesible (868 €/m²). As capitais tamén experimentaron fortes subas, con A Coruña superando os 3.200 €/m². En municipios como Marín (+93,1 %), Tomiño (+45,7 %) ou Salvaterra de Miño (+41,1 %) os aumentos foron destacados.

Fonte.- Noticias Galicia