Málaga sitúase como a provincia onde máis se encareceu a vivenda nova, un 24,4% interanual no ano 2024, segundo datos da taxadora Tinsa | Observatorio de Vivenda

Málaga sitúase como a provincia onde máis se encareceu a vivenda nova, un 24,4% interanual no ano 2024, segundo datos da taxadora Tinsa

Málaga sitúase como a provincia onde máis se encareceu a vivenda nova, un 24,4% interanual no ano 2024, segundo datos da taxadora Tinsa

Durante 2024, o prezo medio da vivenda nova en España situouse en 2.528 euros por metro cadrado, segundo datos de Tinsa, o que supón un incremento anual do 7,6%. Porén, esta subida non foi uniforme en todo o territorio, xa que nas provincias con maior dinamismo laboral ou atractivo turístico o crecemento foi moito máis acusado. Málaga liderou o incremento cun 24,4%, alcanzando os 3.084 €/m², seguida polas Illas Baleares, cunha suba do 19,8% ata os 4.399 €/m². Madrid e Cantabria ocuparon o terceiro posto con idéntico aumento do 15,7%, situándose en 3.753 €/m² e 2.092 €/m², respectivamente.

Outros incrementos salientables déronse en Alicante (2.505 €/m²), Lleida (1.866 €/m²) e Pontevedra (1.863 €/m²), todas cunha suba do 12%. Completan o “top 10” Badaxoz (11,5%), Murcia (10,4%) e Ávila (9,4%). No extremo oposto, Huelva foi a única provincia cun descenso (-0,7%), mentres que Lugo mantivo practicamente os mesmos prezos que en 2023. Entre os menores aumentos destacan Teruel (1,3%), Guipúscoa (1,3%) e Santa Cruz de Tenerife (1,6%), onde a evolución do mercado foi moito máis moderada.

Fonte.- Idealista