Pontevedra e A Coruña, entre as 11 capitais de provincia en prezos máximos de compra en 2025, segundo Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Pontevedra e A Coruña, entre as 11 capitais de provincia en prezos máximos de compra en 2025, segundo Fotocasa

Pontevedra e A Coruña, entre as 11 capitais de provincia en prezos máximos de compra en 2025, segundo Fotocasa

En Galicia, os prezos da vivenda seguen unha traxectoria ascendente que os sitúa cada vez máis preto dos niveis alcanzados na época da burbulla inmobiliaria. Segundo os datos de Fotocasa, Galicia mantén de media unhas cifras un 15 % inferiores ás de entón, pero é a autonomía, entre as que aínda non acadaron eses máximos, que máis preto está de conseguilo. Isto significa que, se a tendencia de subas continúa, Galicia podería entrar no grupo de rexións cos prezos máis altos xa no próximo ano.

No caso das cidades, A Coruña e Pontevedra destacan especialmente, xa que están entre as once capitais españolas que xa alcanzaron ou superaron os seus máximos históricos durante este 2025. Xunto ás galegas aparecen outras como Madrid, Valencia, Málaga, Teruel, Alicante, Palma, San Sebastián e as dúas capitais canarias. Estes datos amosan que o encarecemento non é exclusivo das grandes urbes do Estado, senón que tamén afecta a territorios atlánticos como Galicia.

Fonte.- La Voz de Galicia