Portugal é actualmente o país que máis aluga vivendas nas Rías Baixas, segundo un informe de Idealista | Observatorio de Vivenda

Portugal é actualmente o país que máis aluga vivendas nas Rías Baixas, segundo un informe de Idealista

Portugal é actualmente o país que máis aluga vivendas nas Rías Baixas, segundo un informe de Idealista

Un informe elaborado polo portal Idealista revela que Vigo e a provincia, baixo a marca turística Rías Baixas, espertan un interese crecente entre compradores internacionais, especialmente de Portugal. No primeiro trimestre do ano, o 8 % da demanda estranxeira correspondeu a esta área, sendo Portugal o país máis destacado, cun 22 % desa porcentaxe. A seguir sitúanse Estados Unidos, con arredor dun 11 %, e Arxentina, cun 7 %. O estudo tamén mostra como os clientes portugueses se inclinan polas zonas limítrofes con Galicia e o resto da península, liderando buscas en lugares como Badaxoz, Huelva, Rías Baixas e Ourense.

Este interese non se limita unicamente ás estancias de lecer ou ás visitas puntuais, senón que tamén se reflicte nunha aposta por estadías máis longas e, sobre todo, pola compra de vivenda, en particular no litoral. Así, promocións recentes en espazos costeiros como Canido amosan a tendencia dos investidores e particulares portugueses, que ven en Vigo e nas Rías Baixas unha oportunidade para combinar proximidade, calidade de vida e atractivos turísticos.

Fonte.- Atlántico