Nova Zelandia permitirá de novo a compra de vivendas de luxo a estranxeiros, tras a súa prohibición en 2018 | Observatorio de Vivenda

Nova Zelandia permitirá de novo a compra de vivendas de luxo a estranxeiros, tras a súa prohibición en 2018

Nova Zelandia permitirá de novo a compra de vivendas de luxo a estranxeiros, tras a súa prohibición en 2018

O executivo de coalición de Nova Zelandia anunciou que a finais de ano permitirá de novo aos titulares da chamada golden visa adquirir vivenda no país, sempre que o prezo supere os 5 millóns de dólares neozelandeses (uns 2,5 millóns de euros). Esta posibilidade, vetada desde 2018, quedará recollida nas reformas da Lei de Investimento Estranxeiro. A medida chega cinco meses despois da reactivación deste visado, agora denominado Active Investor Plus, que concede dereito de residencia a quen realice achegas económicas significativas, ampliando agora a opción de acceder ao mercado inmobiliario de luxo.

Aínda que os compradores foráneos apenas representaban entre o 2% e o 3,5% das operacións antes da prohibición, a súa volta ao mercado coincide cun contexto de escaseza de inmobles premium —apenas 350 saíron á venda nos últimos anos—. Ata finais de agosto recibíronse 308 solicitudes deste visado, case un 40% procedentes dos Estados Unidos. Nos sete anos pasados, só cidadáns neozelandeses e residentes, así como nacionais de Australia e Singapur, podían mercar vivenda, unha restrición aprobada polo goberno de Jacinda Ardern en resposta á presión social pola crise da vivenda e tras a polémica pola naturalización acelerada do empresario Peter Thiel.

Fonte.- Idealista