As compravendas de vivenda increméntanse un 14,3% e as hipotecas un 25,8% no mes de xullo, segundo datos do Colexio de Rexistradores | Observatorio de Vivenda

As compravendas de vivenda increméntanse un 14,3% e as hipotecas un 25,8% no mes de xullo, segundo datos do Colexio de Rexistradores

As compravendas de vivenda increméntanse un 14,3% e as hipotecas un 25,8% no mes de xullo, segundo datos do Colexio de Rexistradores

En xullo de 2025, España rexistrou máis de 123.000 operacións de compravenda de inmobles, un 14,2% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Delas, arredor de 65.000 foron de vivendas, cun crecemento semellante do 14,3%. Segundo o Colexio de Rexistradores, estes datos reflicten unha recuperación da dinámica alcista despois do freo puntual de abril, ligado a factores estacionais. Pola súa parte, as hipotecas tamén amosaron un avance notable: constituíronse máis de 57.600 préstamos sobre distintos tipos de inmobles, o que supón un incremento interanual do 25,4%. Só en vivenda, asináronse unhas 45.000 hipotecas, cunha suba aínda maior do 25,8%.

Os aumentos foron xeneralizados na maioría das comunidades, destacando Ceuta, Melilla e o País Vasco nas compravendas, e Aragón, Ceuta, Andalucía e País Vasco no tocante a hipotecas, con alzas por riba do 40%. En cambio, só Navarra e Cantabria rexistraron caídas nas compravendas, mentres que en Melilla houbo retrocesos no número de hipotecas. En termos absolutos, Andalucía, Cataluña e Valencia encabezaron o mercado, superando as 19.000 operacións de compravenda e as 6.000 hipotecas, con Andalucía por riba das 22.500 operacións e das 13.000 vivendas vendidas.

Fonte.- Idealista