O Goberno ordena a retirada de 2.640 pisos turísticos ilegais en Galicia | Observatorio de Vivenda

O Goberno ordena a retirada de 2.640 pisos turísticos ilegais en Galicia

O Goberno ordena a retirada de 2.640 pisos turísticos ilegais en Galicia

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana notificou ás plataformas dixitais a retirada dos anuncios de 2.640 pisos turísticos en Galicia por careceren do número de rexistro obrigatorio ao non cumprir cos requisitos legais. A provincia de Pontevedra concentra o maior número de casos (1.249), seguida da Coruña (992), Lugo (339) e Ourense (60). Entre os concellos con máis solicitudes rexeitadas destacan Vigo, con 227, e Sanxenxo, con 196.