A falta de vivenda frea a contratación e deixa máis de 10.000 empregos sen cubrir en Galicia | Observatorio de Vivenda

A falta de vivenda frea a contratación e deixa máis de 10.000 empregos sen cubrir en Galicia

A falta de vivenda frea a contratación e deixa máis de 10.000 empregos sen cubrir en Galicia

A escaseza de vivenda dispoñible e o forte encarecemento dos alugueiros están a converterse nun freo para a economía galega, ao dificultar a contratación de persoal e a súa mobilidade xeográfica. Sectores como o naval, a industria manufactura, o transporte, a hostalaría ou o turismo precisan miles de traballadores, moitos deles estranxeiros, mais non poden incorporalos por non atopar onde vivan. Moitas empresas están asumindo directamente os alugueiros ou actuando como avalistas, pero as pequenas e medianas empresas, que constitúen a maior parte do tecido produtivo galego, non poden facelo, o que lles impide cubrir os postos necesarios para manter a actividade e o crecemento.

A situación agrávase pola fenda crecente entre a demanda e a oferta de vivendas de alugueiro, que tamén afecta ao resto de España. Segundo datos sindicais, unha baixada do 30 % no prezo do alugueiro podería xerar máis de 400.000 novos empregos no conxunto do Estado en cinco anos. En Galicia, a falta de vivenda xa está a limitar a execución de proxectos industriais e ameaza con provocar a perda de contratos por falta de persoal dispoñible, converténdose así nun dos principais retos para o futuro do mercado laboral galego.