O 63% da mocidade prevé comprar unha vivenda nos próximos 5 anos, segundo un estudo de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

O 63% da mocidade prevé comprar unha vivenda nos próximos 5 anos, segundo un estudo de Fotocasa

O 63% da mocidade prevé comprar unha vivenda nos próximos 5 anos, segundo un estudo de Fotocasa

Os datos máis recentes amosan que a vontade de mercar unha vivenda entre a mocidade está a medrar con forza. Case a metade dos menores de 35 anos que aínda non participaron no mercado inmobiliario teñen previsto facelo nun prazo de dous a cinco anos, unha cifra que supera en catro puntos a do ano pasado. Esta evolución confirma unha liña ascendente que se consolida desde 2018, cando só un terzo dos mozos expresaba esta intención, situando hoxe a porcentaxe once puntos por enriba daquela referencia histórica.

A tendencia tamén se aprecia entre os que actualmente viven de alugueiro: máis de seis de cada dez confían en converterse en propietarios antes de cinco anos, seis puntos máis que en 2024. Dentro deste colectivo, un 18% pretende dar o paso en dous anos e un 44% entre dous e cinco anos. As diferenzas aparecen segundo a idade: entre os 18 e 24 anos só un 11% pensa mercar a curto prazo, fronte ao 20% dos que teñen entre 25 e 34. Porén, no horizonte de medio prazo as cifras achéganse, xa que arredor dun 42-45% de ambos grupos valora adquirir unha vivenda nese intervalo de tempo.

Fonte.- Fotocasa