O secretario de Estado de Vivenda e Axenda Urbana reúnese con universidades públicas para impulsar a creación de aloxamentos para estudantes | Observatorio de Vivenda

O secretario de Estado de Vivenda e Axenda Urbana reúnese con universidades públicas para impulsar a creación de aloxamentos para estudantes

O secretario de Estado de Vivenda e Axenda Urbana reúnese con universidades públicas para impulsar a creación de aloxamentos para estudantes

O secretario de Estado de Vivenda e Axenda Urbana, David Lucas, presidiu unha reunión do grupo de traballo do Goberno coa rede de universidades públicas españolas para avanzar na creación de novos aloxamentos destinados ao estudantado. Este encontro segue á reunión celebrada o pasado 24 de setembro entre as ministras de Vivenda e de Ciencia, Innovación e Universidades cos responsables das institucións de ensino superior, co obxectivo de mellorar as condicións de acceso á vivenda no ámbito universitario.

Durante a sesión analizáronse medidas para promover plans conxuntos entre universidades, comunidades autónomas e concellos, así como a localización de terreos públicos que poidan empregarse para construír vivendas ou residencias a prezos accesibles, tanto para estudantes como para persoal investigador. Tamén se abordou o acceso a financiamento para facer posibles estes proxectos. No encontro participaron representantes do Ministerio, do SEPES e do Instituto de Crédito Oficial, ademais de delegados de máis de trinta universidades de todo o Estado, entre elas as da Coruña e Vigo.

Fonte.- Idealista