A idade media dos compradores de vivenda en Vigo sitúase en 47 anos, segundo o Consello Xeral do Notariado | Observatorio de Vivenda

A idade media dos compradores de vivenda en Vigo sitúase en 47 anos, segundo o Consello Xeral do Notariado

A idade media dos compradores de vivenda en Vigo sitúase en 47 anos, segundo o Consello Xeral do Notariado

A idade media das persoas que mercan unha vivenda en Vigo acada xa os 47 anos, a máis alta da última década e cinco máis que en 2016. Segundo os datos do novo portal estatístico do Consello Xeral do Notariado, a maioría dos compradores teñen entre 41 e 50 anos, mentres que os menores de 31 apenas representan un 7%, a mesma porcentaxe que os maiores de 70. Os prezos actuais dificultan especialmente o acceso dos máis novos: o metro cadrado sitúase en 1.978 euros e o custo medio por vivenda ronda os 214.821 euros para superficies de arredor de 104 metros cadrados, cifras por riba tanto da media estatal como da galega.

O perfil máis común de comprador é o de persoas de idade avanzada que buscan investir para alugar ou deixar en herdanza aos fillos. Pola súa banda, o mercado estranxeiro gaña presenza: o 6,2% dos compradores son foráneos, principalmente italianos, portugueses e latinoamericanos. Tamén se observa un incremento de compradores procedentes doutras comunidades como Madrid, Cataluña ou Baleares, que buscan en Vigo unha alternativa máis tranquila ás grandes urbes.

Fonte.- Faro de Vigo